Seleccionar página

Por Xan do Coto | Ilustracións Sergio Simunich

charlyg-novelaporentregas-ficcion-revista-achtung

Branco baixou as escaleiras ás carreiras. Saltou os escalóns de tres en tres até alcanzalo portal. Detívose un instante para recobralo alento. Votou unha ollada cara o entre- chán. A porteira, doña Rosa, tiña un sono lixeiro. Esta vez non parecía terse despertado. Qué pensaría se fose eu quén encontrase a alguén baixando ás carreiras as escaleiras da súa casa na madrugada?Branco descartou a reflexión. No tiña a cabeza para histo- rias. Avanzou cara a porta e xirou o pomo a modo para que non renxera. Un vento frío petoulle na cara. Branco estremeceuse case sen querer e o seu bufido desfíxose na noite coma unha pompa de xabrón. Abrochou a cazadora e agochou os beizos tralo coiro. Mirou cara ambos lados da rúa. Unha parella nova camiñaba gustosa coas mans entrelazadas. Desprendían pasión. Eso amo- louno. Un home adulto sobrepasounos a paso lixeiro paseando un can. Debía ser do tempo de Branco, quizáis algo maior. Qué vida levaría ese home para estar paseando un yorkshire ás tres e media da madrugada dun mércores. A Branco gustáballe imaxinarse vi- vindo a vida dos demáis. Con quén vivían, onde traballaban, que comían os domingos. Gustáballe sobre todo imaxinar os segredos daqueles alter ego. O desexo carnal da cuñada; as intrigas fami- liares, as visitas clandestinas –ou non tanto- os bares de alterne. As gotas de botulinum na sopa. Os negocios de estraperlo: dúas dosis polo reloxo de ouro. En ocasións Branco colocaba o trípode no balcón e disparaba a cámara varias veces, unha tras outra, sen sentido. Logo tirábase na cama con Lucía e xuntos xogaban a adiviñar aquelas vidas alleas. Agora Lucía xa marchara e Branco tiña que xogar só.

Botou a andar trala parella. Por segunda vez nesta semana camiñaba na noite cara aquel portal. Todo comenzara o domingo. Un todoterreo negro, cos cristais tintados, fixo sospeitar. Chegou a iso das oito e media e aparcou en fronte do portal. Durante máis de dúas horas ninguén saíu do coche. Ao fin un home abriu a porta. Alonxouse varios metros até doblala esquina e apurou un cigarro.

Branco fotografouno. Debía medir máis de metro noventa. Moreno, barba rasurada. Tiña un rostro sinistro. Branco fixouse nas suas costas desproporcionadas, excesivamente musculadas. Aquel home semellaba un excombatente ou, cando menos, alguén con formación militar. No interior do todoterreno permanecía outra persoa. Branco sabíao. Rebuscou na mesiña do estudo un obxec- tivo 500mm e fotografou o vehículo dende tódolos ángulos posi- bles. A imaxe resultaba demasiado escura para distinguir sequera unha silueta. Tentou aclarala co ordenador sen éxito. Ao menos conseguirá a matrícula 79226 FFC. As seguintes horas até pasa- ron sen novidade. So algún veciño saindo do edificio aínda non coas primeiras luces chamaba a atención. No piso as luces se- guían apagadas. Nun momento ao amencer Branco caeu durmi- do sobre a cornisa. Aquela cabezada debeu durar vinte minutos. Quizáis algo máis. Ao despertar o todoterreno xa non estaba. Branco baixou á rúa ás carreiras. O seu aspecto, co pelo revolto, os ollos afundidos, a camisa aberta e as zapatillas da casa, chamou a atención de doña Rosa. Branco non reparou niso e cruzou veloz a rúa até o portal. Pensou en chamar o timbre, pero qué ia dicir. Hola son Branco. Vivo no edificio de en fronte e como xa saberás paso as noites fotografándote. Onte vin uns tipos con mal aspec- to nun coche aparcado aquí preto e quíxenme acercar a túa casa para saber se todo estaba en orde. Qué clase de persoa faría algo así. Un tolo, ou peor. Un pervertido. Branco desistiu de chamar o timbre, nin sequera esperou a que saíra algún veciño para fisgar un pouco no portal. Voltou a casa paseniño. Doña Rosa estaba barrendo a entrada. Branco pasouna sen saudar e colleou o ascen- sor. Despóis votou a durmir todo o día.

Espertou pasadas as oito da tarde. Deuse unha ducha para des- pexarse e preparou a cea. Unha ensalada con rúcula, tomate, maíz e taquiños de queixo fresco. Comeuna vendo na televisión un deses concursos nos que os participantes tiñan que ir respostando preguntas con risco de perdelo todo en cada ronda. Os poucos  minutos xa aburrira o programa. Aínda tiña fame así que foi a nevera e preparou un yogurt azucarado. Sentouse na mesa do ordenador. A foto do todoterreo aínda estaba na pantalla. Branco comprobou o correo. Nada rescatable. A notificación electrónica da factura do teléfono e varias propostas publicitarias para viaxar a Jordania, Finlandia ou Cabo Verde por menos de 1.000 euros. Abriu un correo novo e comenzou a escribir.

Querida Lucía,

Sei que non debería escribirche. Non quixera que te sentises agobiada por este correo pero teño que sacalo de dentro. Hai seis semanas que marchaches e cada día é peor co anterior. Síntome só. Sei que a nosa relación levaba morrendo varios meses. Ti sabíalo igual ca min. Nu- ria foi un paréntese nese ocaso. Un maravilloso paréntese que compar- tirémolo o resto das nosas vidas. Quero que sepas que comprendo que marcharas. Se poidera eu tamén o faría. Aquí xa non hai moito que facer. Quizáis poña á venda a casa e marche unha tempada. Necesito respirar, aclaralas ideas. Desexaría con todo o corazón que viñeras conmigo. Sei que non o farás. Será o mellor.

Branco apartou o yogurt e acercouse a vitrina dos licores. Preparou un gintonic e bebeu varios tragos antes de releelo texto.

Engadiu:

Sempre teu

Dubidou un segundo. Unha a unha foi borrando todalas letras até que a pantalla quedou completamente branca. Preparou outro vaso. Sentíase mellor. Durmira toda a tarde e non tiña sono así que navegou pola rede un rato. Ao cabo dun intre atopou un bre- ve no periódico que o sobresaltou.

Desparece una joven pintora en Madrid

Una joven pintora desapareció el pasado fin de semana de su vivienda ubicada en la madrileña calle de Blasco de Garay. La joven, de unos 26 años, no se presentó el pasado viernes a la inauguración de su pri- mera exposición en la galería Calle Art lo que levantó las sospechas de sus amigos. La Policía ha abierto una investigación.

Branco non tiña dudas. Él coñecía aquela pintora. Colleu a chaqueta da mesa e baixou as escaleiras ás carreiras.

} continuará

música cine libros series discos entrevistas | Achtung! Revista | reportajes cultura viajes tendencias arte opinión

Comparte este contenido