Seleccionar página

Por Miguel Calvo Santos

musica-vietnam-misantroponamorado-revista-achtung

Xa o describía Martin Sheen en Apocalypse Now, referíndose á maioría de soldados norteamericanos que combatiron en Vietnam: “…Rocanroleiros de 18 anos cun pé na tumba…” En toda guerra é imprescindible a música para elevar a moral e o valor nas tropas. Dende as flautillas da Guerra de Secesión americana ata Edith Piaf ou Glenn Miller na Segunda Guerra Mundial, pasando por Marta Sánchez na I Guerra do Golfo, as sintonías servían de apoio ao soldado e en todas elas, o optimismo e a fe na victoria eran a mensaxe principal.

O curioso é que durante o conflito de Vietnam, a banda sonora estaba composta por cancións que representaban unha enérxica protesta contra o mesmo. Por primeira vez na historia, a propaganda musical dunha guerra estaba en contra da propia guerra, e os soldados comprendían e comulgaban con esa mensaxe antibélica, se cadra para sentirse máis preto da casa.

A música funcionou como unha evidente vía de escape para o soldado, un efémero refuxio no inferno, complementándoa decote con sexo en lupanares (algo que provocou todo tipo de enfermidades venéreas, chegando a proporcións case endémicas) e moitas, moitísimas drogas que circulaban libremente polos barracóns.

Estimulantes, calmantes, LSD, marihuana camboxana, e os típicos opiáceos de la zona (dous dólares custaba una ampola de heroína nas labirínticas rúas de Saigón de principios dos 70) eran habituais entre as tropas e estímase que o 65% dos soldados consumiu algún tipo de psicotrópico mentres realizaban a súas caóticas manobras na  selva, ás ordes de incompetentes superiores.

Fronte ás melodías patrióticas que soaban nas máquinas de discos dos tranquilos clubs de oficiais, é lóxico que un soldado raso metido en lama ata a cintura e colocado por un mal viaxe de ácido se identificara máis co “We Gotta Get Out of this Place” dos Animals.

Evidentemente, esas cancións protesta non eran vistas con bos ollos polo Tío Sam, pero a medida que o país se involucraba no conflito, ninguén puido evitar que os disk jockeys do Servizo de Radio e Televisión de las Forzas Armadas (AFRTS) cederan ás peticións masivas que facían os soldados, fartos de escoitar nas ondas temas tan rancios como ‘A balada dos boinas verdes’ de Barry Sadler ou ‘Mr. Lonely’ de Bobby Vinton, tan lonxe da súa realidade.

Estes Djs, repartidos en oito destacamentos por todo Vietnam do Sur, realizaban emisións as 24 horas e axiña comprenderon, dada a paulatina desmoralización das tropas, que había que compracer a todo o mundo, dende a esposa do xeneral ao soldado negro de 18 anos. O obxectivo era manter ás tropas relativamente contentas nese matadeiro.

Para isto, comezaron a seleccionar sen censura algunha as cancións de máis éxito nas listas dos Estados Unidos e estas emitíanse poucas semanas despois no sureste asiático, provocando una comuñón entre os mozos de ambos lados do océano, igual de drogados e confusos, os dous na súa propia guerra (uns contra Charlie, outros contra Richard Milhous Nixon), ambos compartindo unha mesma mensaxe de rebeldía: “Fuck the War”.

Non tardaron en proliferar as radios Sony, os estéreos Akai, o comercio clandestino de discos importados e os concertos do rock and roll de moda interpretado por músicos filipinos. Pouco a pouco, esa música que se escoitaba a todas horas en trincheiras, arrozais, helicópteros, prostíbulos e calexas, converteuse na banda sonora para a guerra, ilustrándoa perfectamente. Máis aínda… Definíndoa.

Se repasamos as listas de éxitos de 1965 a 1975, podemos apreciar como a temática da guerra íase volvendo máis explícita. Nos primeiros anos dos 60, Vietnam non era máis que unha distante escaramuza, unha guerra civil a miles de quilómetros, pero cantautores de tendencia esquerdista como Bob Dylan e demais émulos como Phil Ochs xa profetizaban tempos convulsos con cancións como ‘A Hard Rain’s A-Gonna Fall’ e describían o sentimento de abandono do soldado en albumes como “Masters of War”DonovanBob Gibson o Arlo Guthrie aportaron o seu grao de area ao crecente movemento antisistema a medida que a guerra acaparaba máis minutos nos informativos, cos seus respectivos (e lucrativos) himnos: ‘O soldado Universal’, ‘I Ain’t Marching Anymore’ e ‘Alice’s Restaurant’, na que se chegaba mesmo a facer apoloxía da deserción.

Os grupos da invasión británica apuntáronse axiña ao carro e temas como a citada ‘We Gotta Get Out of this Place’ de The Animals ou ‘Gimme Shelter’ e ‘Paint in Black’ dos Stones acadaron unha enorme e inmediata popularidade entre os soldados, máis como unha expresión da súa experiencia persoal que como actitude política, ademais de supoñer rentables ingresos para as casas discográficas, que comezaron a cheirarse un cambio nos gustos da xuventude ao comprobar como de súpeto escuros e ruidosos himnos convivían nas listas con almibarados hits da Motown, aínda que temas desta casa como ‘Nowhere to Run’ de Marta Reeves e as Vandellas, cun claro dobre sentido, eran tamén escoitados masivamente.

De xeito paulatino, os novos sons psicodélicos foron acaparando os mellores postos nestas listas e chegaron a Vietnam da man de Jimi Hendrix, Cream, The Amboy Dukes ou The Chambers Brothers. Os casos de ‘Unknown Soldier’ de The Doors ou ‘For What is Worth’ de Buffalo Springfield son paradigmáticos, pois esa mocidade cabreada identificouse de inmediato con eles, tanto en Saigón como en Oklahoma. Todos estaban en guerra e nada mellor que o son ácido desa época para ilustralo.

Os temas da Creedence nunca mencionan a palabra Vietnam, pero a mensaxe era cristalina: ‘Fortunate Son’, ‘Who’ll Stop the Rain’ o ‘Run Through the Jungle’  non daban lugar a dúbidas e sonaban a todas horas nas emisoras do sudeste asiático.

Os numerosos soldados negros que combatiron en Vietnam sempre se inclinaron máis cara o jazz, o funk e o soul, pero sentían un afecto especial polo ex-soldado Jimi Hendrix. ‘Purple Haze’ e ‘Manic Depression’ sonaban por igual nos equipos de negros e brancos e foi nesa época na que o enquistado racismo en Norteamérica (trasladado a Vietnam) comezou a verse como un problema económico e político. Todo o mundo parecía estar en guerra a finais dos 60 e Marvin Gaye, estrela da Motown, intentou describir esta situación no excepcional “What’s Going On”, atraendo a complicidade dos combatentes, que se preguntaban precisamente o mesmo.

Cos Beatles e os Stones arengando ás masas a rebelarse (‘Revolution’, ‘Street Fighting Man’), a visión apocalíptica de Hendrix versionando a Dylan (‘All Along the Watchtower’) e o descontento da comunidade negra militante contra a guerra (‘Ball of Confusion’ de Temptations, ‘War’ de Edwin Starr…), os soldados colgados de ácido atoparon o son perfecto para complementar ese inferno tropical e a desmoralización que supoñía arrasar aldeas con napalm e molestar a vellos, mulleres e nenos sospeitosos de pertencer ao Vietcong.

O cambio de década tamén supuxo un claro cambio de actitude. De Woodstock, o canto de cisne do idílico movemento Hippie, pasouse a temas moito máis duros e letras moito máis pesimistas nas que o cada vez mais longo conflito de Vietnam era o protagonista.

A escuridade do “Paranoid” de Black Sabbath, a ironía de himnos como o ‘American Woman’ de The Guess Who ou a ofensa directa en temas do tipo de ‘Vietnamese Baby’ dos New York Dolls, favorecerían o caldo de cultivo para a chegada dos posteriores Punk e Heavy Metal.

Os soldados, xa conscientes de ser marionetas de escuros poderes e fartos de estar illados nunha guerra xa perdida tan lonxe da casa, escoitaban o “Closer to Home” ou o “Survival” da GrandFunk e tamén cancións country tradicionais, igual de contestatarias que calquera himno pop. Da súplica ‘Give Peace a Chance’ dos Beatles pasouse á esixencia no ‘Bring The Boys Back Home’  de Freda Payne. Johnny Cash, sempre en contra da guerra pero a favor do soldado (igual que estaba en contra do crime e a favor do criminal) tamén demandou o fin da guerra en moitas das súas cancións, como a máis que explícita ‘Singing in Vietnam Talking Blues’.

musica-vietnam-misantroponamorado-revista-achtung-3

Na casa, a inxente cantidade de veteranos con síndrome post-traumático non se sentiron nada incómodos ca violencia sónica de The Stooges, tan conceptualmente achegada ao inferno que viviran, ou a esa evocación enfurecida do ex-combatinte no ‘Lost In The Flood’ de Bruce Springsteen, que abraza de novo o concepto tradicional de virilidade romántica, moi lonxe das letras do típico poeta sensible californiano da década anterior.

Unha vez rematada a guerra en 1975, os soldados regresaron aos seus fogares. Sen desfiles nin honores, silenciados pola vergoña da derrota e enfrontándose á marxinalidade e á procura dun emprego de merda, a maioría agocháronse de novo no seu mundo interior, somerxéndose na banda sonora da guerra que viviran e que os ía acompañar sempre.

A música era algo que o veterano levaba dentro, unha rebeldía que conservaba no seu interior, pero da que raramente falaba”, afirma o soldado John Hoffecker, que serviu co 1º Comando Loxístico en Qui Nhon no 68. “A música entraba máis fondo”.

omisantroponamora-revista-achtung-opinion

música cine libros series discos entrevistas | Achtung! Revista | reportajes cultura viajes tendencias arte opinión




Share on Tumblr

Comparte este contenido