Seleccionar página

Por Uxío Velo | Ilustraciones Oskinha

periodismo-suicidio-opinionporquemepeta-revista-achtung

O xornalismo está enfermo. Disque está morrendo. Os estudantes amoréanse nas facultades mentras que os que atopan un oco nos medios flaxélanse por soldos miserables. A negrura mesmo cobre proxectos rentables coma Público ou Xornal de Galicia.

O peor, sen dúbida, é o descrédito da profesión. A día de hoxe ningunha nai debería querer para o seu fillo un posto na mesa de redacción. Malas verbas dos carcas, dos progres e tamén das compañeiras na plaza.

—O teu fillo é xornalista, traballa con eses que pelexan  a berros na tele cada tarde?

El descrédito del periodismo viene cada vez más unido del descrédito de la democracia y entraña los mismos peligros.Escoiteillo dicir recentemente a unha grande disto do xornalismo, Soledad Gallego Díaz. Estivo atinada a mestra Soledad. Chegamos tarde ao 15-M, afastámonos de Siria ou Túnez e sorríamos cada vez que o Duque de Palma nos invitaba a unha conferencia.

Se queres seguir lendo o artigo faite co número 4 de Achtung!




Share on Tumblr

Comparte este contenido